Eventos

Automóvil Club As Pontes

IV Slalom Vila de As Pontes

O AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES organiza o IV Slalom Vila de As Pontes o día 03 de xuño de 2023, unha proba de carácter nacional, puntuable para o Campionato de Galicia de Slalom.

Esta proba de Slalom disputarase de acordo co establecido nas prescricións comúns ós Campionatos e Copas de Galicia 2023, o regulamento xeral do Campionato de Slalom, e o presente regulamento particular da proba, no C.D.I. (e os seus anexos), aprobados pola Federación Galega de Automobilismo o día 3 de Abril de 2023.

A proba ten o Permiso de Organización da Federación Galega de Automobilismo número GA-009-SL.

DEFINICIÓN.

I Ruta turística Vila de Ortigueira

O Automóvil Club As Pontes organiza a primeira Ruta Turística Vila de Ortigueira o próximo 25 de Marzo de 2023 puntuable para o Open Rutas Turísticas Ferrolterra 2023.

É este un evento automovilístico no que poden participar todo tipo de coches, tanto actuais como clásicos os cales terán que seguir as indicacións da organización plasmadas nun rutómetro o cal indica o tempo de paso nos puntos sinalados.

A Ruta terá un percorrido total de 104 kilómetros divididos en tres seccións entre as que faremos un pequeno descanso e o final da ruta cenaremos todos xuntos e compartiremos as nosas…

VI ruta turística

Un ano máis o Automovil Club As Pontes organiza a súa Ruta Turística Vila de As pontes o próximo 09/04/2022 ; un evento no que poden participar tanto coches actuáis como coches clásicos (máis de 25 anos) e que será puntuable para o Open Rutas Turísticas Ferrolterra.

Un total de 47 vehículos chegados dende distintos puntos das provincias de Lugo e A Coruña participaron na sexta edición da Ruta Vila da Pontes, organizada polo equipo local Acap. Así, foron participantes de As Pontes, Vilalba, Viveiro, Somozas, Moeche, Ferrol e A Coruña, que gozaron dun percorrido de case 130 quilómetros…

III Slalom Vila de As Pontes

O Automovil Club As Pontes organiza o III Slalom vila de As Pontes o próximo 12/11/2022 , penúltima proba do campeonato Galego de Slalom e única proba que se celebra dentro dun circuito.

O AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES acaba de celebrar o 3º Slalom Vila de As Pontes, unha proba encadrada dentro do Campeonato Galego organizado pola Federación Galega de Automobilismo.
Esta proba de habilidade automobilística, desenrolada no trazado do circuito de karting municipal de As Pontes, albergou nesta edición a inscripción de participantes mais alta de todo o campeonato dos últimos anos.
Durante a mañá do sábado día 12, desenroláronse as…