Eventos

Automóvil Club As Pontes

I Ruta turística Vila de Ortigueira

O Automóvil Club As Pontes organiza a primeira Ruta Turística Vila de Ortigueira o próximo 25 de Marzo de 2023 puntuable para o Open Rutas Turísticas Ferrolterra 2023.

É este un evento automovilístico no que poden participar todo tipo de coches, tanto actuais como clásicos os cales terán que seguir as indicacións da organización plasmadas nun rutómetro o cal indica o tempo de paso nos puntos sinalados.

A Ruta terá un percorrido total de 104 kilómetros divididos en tres seccións entre as que faremos un pequeno descanso e o final da ruta cenaremos todos xuntos e compartiremos as nosas vivencias o longo do percorrido realizado por distintos lugares, pobos e ruas do Concello de Ortigueira.

As inscripcións para a Ruta Turística estarán abertas dende o próximo día 27/02/2023 e rematarán o Mércores 22 de Marzo das 2023 as 20:00.

O precio da inscripción é de 60 Euros para piloto e copiloto con dereito a cea fin de Ruta e de 35 Euros se non se queda a cea; tamén temos a posibilidade de que acudan acompañantes a cea os cales terán un prezo de 25 Euros e deberanse anotar na folla de inscripción xunto co piloto e copiloto.

As inscripcións pódense facer a través:
* Da nosa páxina web www.automovilclubaspontes.com descargando o formulario, cubrilo debidamente e envíalo por e-mail a: contacto@automovilclubaspontes.com
* A través de calquera dos nº de teléfonos que aparecen no cartel.
* Nos seguintes establecementos:
* Talleres Trevín (Senra Ortigueira)
* Bar Xambas (Moeche)
* Mesón 7 Camiños (As Pontes)

Faremos entrega de dorsais e demais documentación no bar La Terraza de Laura partires das 15:00 h situado na Rúa Alameda 1 (Ortigueira) e a saída do primeiro participante será as 16:00 saindo o resto de participantes minuto a minuto.

Unha vez completada a primeira sección faremos un pequeno descanso na Pizzeria O Baleo continuando coa segunda sección facendo outro descanso na Taberna O Coto en Devesos e continuando para chegar de novo a Alameda dende onde nos desprazaremos ata o Restaurante Orillamar donde disfrutaremos todos xuntos da cea fin de Ruta a partires das 22:30 e posteriormente será a entrega de premios.

Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados así como tamén para o primeiro equipo femenino , primeiro equipo con vehículo histórico (mais de 30 anos) e para o primeiro equipo de Ortigueira (no cal os dous componentes do equipo sexan de Ortigueira)

E importante consultar o regulamento do Open Rutas Turísticas o cal podes ver a través da nosa páxina web  www.automovilclubaspontes.com e tamen na páxina web do Open www.openrutasturisticas.es
Podes contactar con nosoutros nos nº de teléfono:
* 636641602 Rafa
* 671581118 Palotes
* 627724765 Rai

Agradecementos especiais a:

* CONCELLO DE ORTIGUEIRA
* TALLERES TREVIN
* CARLOS AREA
* BAR LA TERRAZA DE LAURA
* MUELLE 21
* MANOLOS XANTAR
* PIZZERIA O BALEO
* BAR O COTO
* HOTEL-RESTAURANTE ORILLAMAR

Reglamento: Enlace ao reglamento

- Publicamos a lista de inscriptos da I RUTA TURÍSTICA VILA DE ORTIGUEIRA 2023 coa hora de saída de cada participante.
- Recordade que podedes recoller toda a documentación no Bar La Terraza de Laura a partir das 15:00 situado na Rua da Alameda N⁰ 1.
- Estará habilitado para todos os participantes o aparcamiento do Gaiteiro situado na Alameda.
- Para calquera aclaración ou duda podedes poñervos en contacto en calquera dos números de teléfono que aparecen no cartel.


Galería do evento



Patrocinadores do evento