Automóvil Club As Pontes

Estatutos

CAPÍTULO I

NORMAS XERAIS

Artigo 1º.
O AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES é unha Asociación privada con personalidade xurídica e capacidade de obrar, integrada por persoas físicas ou xurídicas, con personalidade xurídica propia e capacidade de obrar, con domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia, que ten cono obxecto primordial o fomento e o impulso da práctica continuada dunha ou varias modalidade as deportivas, así como a participación en actividades e competicións deportivas calquera que sexa o seu nivel e destinatario.

Artiso 2º

O AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES practicará como o princípal modalidade deportiva a de AUTOMOBILISMO, e solicitará a ratificación dos Estatutos e a inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, de conformidade coa Leido Deporte de Galicia. 

O AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES practicará así mesmo as modalidades DEPORTES DE MOTOR, e para tal fin funcionarán as sección deportivas de que a Asemblea Xeral poida acordar a creación doutras. En ámbolos dous casos o ámbito territorial de onde desenrolará con carácter principal a súa actividade será na Comunidade Autonómica de Galicia

Artigo 3º

O domicilio social do AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES fíxase na rúa EDIFICIO HEXÁGONO - PARQUE A FRAGA C.P. 15320 no concello de AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ provincia de A CORUÑA.
Teléfono 650483954 649370685 E-mail escuderiaacap@gmail.com
Quedando para efectos de notificación: AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES Apartado de correos Ne 01 As Pontes de García Rodríguez 15320, (A Coruña)
O Presidente, cando as circunstancias o aconsellen, poderá acorda-lo cambio de domicilio social dentro da mesma localidade. Para o traslado do domicilio outra localidade, que deberá ser sempre dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, será necesario o acordo maioritario da Asemblea Xeral Extraordinaria. 
En ámbolos casos, o traslado de domicilio social non implicará modificación estatutaria, e terá que ser notificado ós socios, e ó Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

CAPÍIULO II

CLASES DE SOCIOS, ADMISIÓN, DEREITOS E OBRIGACIÓNS

Artigo 4º

O número de socios será ilimitado. A Asemblea Xeral poderá suspender, non obstante, a admisión de novos socios cando así o esixan razón de aforo ou capacidade física das instalacións. Os socios poderán ser das seguintes clases: de número, honorarios, aspirantes e familiares.

Artigo 5º

Son socios de número tódalas persoas maiores de idade, que satisfagan a cota social establecida pola Asemblea Xeral.
Os menores de 18 anos, clasificaranse como socios aspírantes, tendo dereito ó uso das instalacións sociais mediante a cota gue se fice e pasarán automaticamente a ser socios de número ó cumpriren a maioría de idade.
Serán socios honorarios aquelas persoas ás que a Asemblea Xeral confira esta distinción e terán un posto de referencia nos actos oficiais da sociedade.
Son socios familiares todas aquelas persoas que dependan economicamente dun socio de número e convivan con el no mesmo domicilio.

Artigo 6º

1".- Os socios de número terán os seguintes dereitos:
a) Contribuír ó cumprimento dos fins específicos da Asociación
b) Esixir que a Asociación se axuste ó disposto na normativa autonómica deportiva e ó establecido no presente Estatuto.
c) Separarse libremente da Asociación, mediante comunicación expresa o por escrito o efecto.
d) Coñecelas actividades da Asociación e examinala documentación, prevía petición razoada ó presidente.
e) Expor libremente as súas opinións no seo da Asociación.
f) Ser elector e elexible para os órganos de representación e goberno da Asociación, sempre que teña capacidade de obrar.

2.- Son obligacións dos socios de número:
a) Aboa-las cotas que esixa a Asemblea Xeral.
b) contribuír ó sostemento e difusión do deporte ou modalidades Deportivas.
c) Acatar cantas disposicións dicte a Asamblea Xeral, a Xunta Directiva ou presidente, para o bo goberno da sociedade.

3.- Os socios aspirantes terán dereito a disfrutar dos servizos e instalacións sociais da Asociación.
4.- Os familiares dos socios de número terán dereito a disfrutar daqueles servizos e instalacións que se determinen, previo pago da cota fixada.

Artigo 7º

Para ser admitido como socio, en calquera das súas modalidades, será necesario:
a) Te-la idade sinalada para cada unha delas.
b) Solicitude por escrito dirixida ó Presidente.
c) Satisface-la cota de ingreso correspondente.

Artigo 8º

A condición de socio pérdese:
a) Por vontade propia, mediante a comunicación por escrito á Xunta Directiva.
b) Por falta de pago das cotas sociais durante tres meses consecutivos, previo requirimento de pago, e consecuente Resolución do Presidente.
c) Por acordo do presidente no seu caso, fundado en faltas de carácter grave, previa audiencia do interesado, que haberá de ser ratificado na primeira asemblea Xeral que se celebre.
d) Por calquera outra causa establecida na lexislación vixente.

CAPÍTULO III

ORGANOS DE REPRESENTACIÓN E GOBERNO

Artigo 9º

Son Órganos de representación en goberno do AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES
a) A Asemblea Xeral.
b) O Presidente.

Artigo 10º

O Presidente é o órgano executivo do AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES, posúe a representación convoca e preside os órganos de representación e goberno executando os acordos destes.
O cargo de Presidente é a título gratuíto e carente de interese nos resultados económ legal e explotación, por si mesmo ou a través de persoas interposta.
Será elexido mediante sufraxio universal, libre, directo, o igual e secreto por e entre os membros da Asemblea Xeral, cada 4 anos.

Artigo 11º

O presidente cesará por:
a) Transcorre-lo prazo polo que foi elixido.
b) Dimisión.
c) Falecemento ou incapacidade física ou Psíquica para continuar no exercicio do seu cargo.
d) Aprobacién de unha moción de censura pora Asembrea Xeral.
e) lnhabilitación por sentencia xudicial firme ou sanción.

Artigo 12º

1'- Como órgano complementario dos de goberno en representación poderá haber unha xunta directiva que actuara como órgano colexiado de xestión do AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES e exercerá as funcións que este estatuto lle confire.
2.- Os membros da Xunta Directiva serán designados e revocados libremente debendo dar conta díso na primeira Asemblea Xeral que se celebre. Da mesma polo presidente, formará parte un secretario e un tesoureiro. Tódolos cargos serán gratuítos e carecen de int nos resultados económicos do AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES por si mesmos ou persoa interposta -

Artigo 13º

1- A Xunta Directiva quedará validamente constituída en primeira convocatoria cando concorran a ela a maioría dos seus membros. En segunda convocatoria será suficiente concorrencia polo menos, de tres dos seus membros, e, en todo caso do presidente.
2- A Xunta Directiva convocarase polo Presidente con dous días de antelación como mínimo, á data da súa celebración.
A Xunta Directiva quedará tamén validamente constituída, cando estean presentes tódolos seus membros, aínda que non houbera mediado convocatoria previa.
3- En especialcorresponde á Xunta Directiva:
a) Dirixir a xestión do AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES, velado polo cumprimento do seu obxecto social.
b) Formular o inventario, memoria e presuposto anual, que se someterá a aprobación da Asemblea.
c) Aplicar tódalas medidas deportivas, económicas e administrativas precisas para o fomento e desenvolvemento do deporte dentro do AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES

Artigo 14º

O secretario da Xunta Directiva coidará do arquivo da documentación , redactará cantos documentos afecten á marcha administrativa do AUToMóut CLUB As poNTEs e levará o Libro de rexistro dos socios e o libro de Actas. Tamén certificará acordos co vísto bo do Presidente nos casos en que así sexa necesario.

Artigo 15º

1.- O tesoureiro da Xunta Directíva será o depositario da Asociación, asinará os recibos, autorizará os pagos e levará os Libros de Contabílidade.
2.- Será obriga do Tesoureiro formalizar, durante o primeiro mes de cada ano, un balance de situación e as contas de ingresos e gastos, que se porán en coñecemento de tódolos asociados.

Artigo 16º

1.- A Asemblea Xeral é o órgano supremo de o goberno do AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES, e estará integrada por tódolos seus socios de número.
2.- As Asembleas Xerais, tanto Ordinarias como Extraordinarias, quedarán validamente constituídas en primeira convocatoria cando concorran a ela a maioría do seus asociados, En segunda e última convocatoria media hora mais tarde, quedará constituída calquera que sexa o número de membros presentes. Entre a data de convocatoria e o día sinalado para a súa celebración terán de mediar, como mínimo dez días naturais en non poderá transcorrer mais de 20.

Artigo 17º

A Asemblea Xeral convocarase polo presidente a iniciativa propia ou do vintecinco por cento, ó menos, dos socios de número.
1.- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario, prevía convocatoria de presidente, ó menos unha vez ó ano para tratar das seguintes cuestións.
a) Memoria, liquidación do presuposto, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación se procede.
b) Presuposto para o seguinte exercicio.
c) Proxecto e propostas do Presidente ou da Xunta Directiva.
d) Rogos e preguntas.
2.- 'Terá de ser celebrar Asemblea Xeral extraordinaria para a modificación de Estatutos, elección de Presidente, toma de cartos e préstamo, emisión de títulos representativos de débeda ou de parte alícuota patrimoníal, enaxenación de bens ínmobles e fixación de cotas dos socios, e calquera outro acordo previsto nestes estatutos ou gue se estime oportuno polo Presidente ou proceda legalmente.

Artigo 18º

Os acordos da Asemblea Xeral adoptaranse por maioría simple dos presentes, requiríndose unha maioría cualificada e un quórum determinado de asistencia para aqueles asuntos que establezan os estatutos. Serán vinculantes e de obrigado cumprimento e terán forza executiva a partir da data da súa adopción, sen perxuizo, por razón da materia, da posibilidade da súa impugnación perante os órganos competentes e da Federación Galega Deportiva da modalidade ou perante o Comité Galego de Xustiza Deportiva.

CAPÍTULO IV

RÉXIME DOCUMENTAL

Artigo 19º

O réxime documental do AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES, constará dos seguintes libros: Rexistro dos Socios, de Actas e Contables.

Artigo 20º

No líbro de Rexistro de Socios, terán de consta-los nomes e apelidos dos socios de número, o seu Documento Nacional de ldentidade e, no seu caso, os cargos de representación, goberno e administración que exerzan no Club. Tamén hanse especifica-las datas de altas e baixas, e as de toma de posesión e cese nos cargos aludidos.

Artigo 21º

No libro de Actas, consignaranse as reunións que celebre a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva, con expresión da data, asistentes,asuntos tratados e acordos adoptados. As actas terán de estar asignadas, en todo caso, polo presidente e o Secretario.

Artigo 22º

Nos líbros de Contabílidade figurarán tanto o patrimonio como os dereitos e obrigacións, e ingresos e gastos do Club, debéndose precisala procedencia daqueles e a inversión ou destino destes.

Artigo 23º

os órganos e socios do AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES, estarán sometidos ó regufamento disciplinario do Club e ó disposto no Título vll da Lei 3l2a\2, do Deporte de Galicia, e a súa normativa de desenvolvemento.

Artigo 24º

Así mesmo o Presidente e os membros da Xunta Directiva responderán fronte os socios, o Club ou terceiros dos prexuízos que ocasionaren por culpa ou neglixencia grave, de conformidade coa regulamentacíón propia do AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES e o ordenamento Xurídico

CAPÍTULO V

RÉXIMEN ECONÓMICO-FINANCIERO E PATRIMONIAL

Artigo 25º

1.- No momento da creacíón do AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES o patrimonio fundacional é de 100€, non dispoñendo de ningún tipo de instalación nin local propio.
2.- No futuro, o patrimonio do AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES estará integrado por:
* As aportacións económicas dos socios, que aprobe a Asemblea Xeral.
* As doazóns e subvencións que reciba.
* Os resultados económicos que poden producir as manifestacíóns físicodeportivas que organice a entidade.
* As rendas, froitos e intereses do seu patrimonio.
Queda expresamente excluído como fin do AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES o ánimo de lucro e a totalidade dos seus ingresos e beneficios aplicaranse ó cumprimento dos seus fins sociais.

Artigo 26º

O AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES poderá gravar e allear bens inmobles, tomar diñeiro prestado e emitir títulos transmisibles representativos de débeda ou parte alícuota patrimonial sempreque compra cos seguintes requisitos:
1. Que se autorice tais operacións por maioría de dous terc¡os dos socios presentes ou representados na Asemblea Xeral Extraordinaria
2. Que ditos actos non comprometan de modo irreversible o patrimonio da Entidade ou a actividade físico-deportiva que constítúa o seu obxécto social. Para a adecuada xustificación deste extremo se poderá esixir, sempre que o soliciten como mínimo o cinco por cento dos socios de número, o oportuno ditame económico-social.
3. Cando se trate de gravar ou allear bens,mobles ou inmobles que foran financiados en todo ou parte, con Fondos Públicos da Comunidade Autónoma será preceptiva a autorización previa do órgano competente da Xunta de Galicia.

Artigo 27º

O AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES poderá emitir títulos de débeda ou de parte alícuota patrimonial, que serán nominativos.
Os títulos inscribiranse nun libro que levará ó efecto o AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES no que se anotarán as sucesivas transferencias.
En tódolos títulos constará o valor nominal, a data de emisión, e, no seu caso, o ínterese e prazo de amortización.

Artigo 28º

os títulos de débeda só poderanse subscribir polos asociados, e pola súa posesión non conferirá dereito algún especial ós socios, agás a percepción dos intereses establecidos conforme á lexislación vixente.

Artigo 29º

os títulos de parte alícuota patrimonial han de ser asemade, subscritos polos asociados. En ningún caso estes títulos darán dereito á percepción de dividendos ou beneficios.

Artigo 30º

Os títulos de débeda e parte alícuota patrimonial serán transferidos unicamente entre os que teñan a condición de socios.

CAPÍTULO VI

REFORMA DOS ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DO CLUB

Artigo 31º

Os presentes Estatutos só se poderán modificar, reformar ou derrogar, por acordo da Asamblea Xeral Extraordinaria convocada a tal efecto, mediante votación favorable dos dous tercios dos socios de número asistentes.
A reforma destes Estatutos seguirá, con respecto ó Rexistro Entidades Deportivas de Galicia, os mesmos trámites administrativos que para a súa inscrición.

Artigo 32º

O AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES extinguirase ou disolverase por acordo de:
1-. Dos dous terc¡os dos socios en Asemblea Xeral Extraordinaria, convocada ó efecto.
2. Por sentencia xudicial.
3. Por outras causas legalmente determinadas de conformidade coa Lei Orgánica LI2OO2 de 22 de Marzo reguladora do Dereito de Asociación. En todo caso, haberá de ser notificado ó Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

Artigo 33º

Disolvido o AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES, o remanente do seu patrimonio social, se houbera, aplicarse a fins análogos de carácter deportivo ben por acordo previo da Asemblea ou subsidiariamente polo órgano competente en materia de deporte da Xunta de Galicia.


follow me