Eventos

Automóvil Club As Pontes

VI ruta turística

Un ano máis o Automovil Club As Pontes organiza a súa Ruta Turística Vila de As pontes o próximo 09/04/2022 ; un evento no que poden participar tanto coches actuáis como coches clásicos (máis de 25 anos) e que será puntuable para o Open Rutas Turísticas Ferrolterra.

Un total de 47 vehículos chegados dende distintos puntos das provincias de Lugo e A Coruña participaron na sexta edición da Ruta Vila da Pontes, organizada polo equipo local Acap. Así, foron participantes de As Pontes, Vilalba, Viveiro, Somozas, Moeche, Ferrol e A Coruña, que gozaron dun percorrido de case 130 quilómetros divididos en tres tramos.
Nesta edición (cada ano se deseña un trazado diferente), os vehículos víronse polas parroquias pontesases de Ribadeume e A Faeira, ademais da contorna da zona urbana. Tamén pasaron pola zona de Piñeiro, no veciño concello de Xermade.
O punto de encontro foi a Praza do Carme, onde inscritos, veciños e curiosos puideron gozar dos coches expostos antes de saír da estación de autobuses.
Unha vez rematado o percorrido, a organización promoveu unha cea de confraternización, na que tamén se entregaron os trofeos nas distintas categorías.
Así, houbo premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría: vehículos históricos, maiores de 25 anos e coches actuais.
Tamén houbo un recoñecemento especial para o primeiro equipo feminino e para o mellor clasificado formado por dúas persoas de As Pontes.
Esta convocatoria puido celebrarse nos últimos anos, xa que en 2020 fíxose antes do estado de alarma e en 2021 optaron por organizalo en outubro.


Galería do evento


Patrocinadores do evento