Automóvil Club As Pontes
ACAP
Os Estatutos cos que nace o Automóvil Club de As Pontes datan do 5 de febreiro de 1987 e a partir do 21 de xuño de 1988 establecíase a directiva que máis promovería a actividade do motor na vila, dando relevancia co seu propio nome por toda Galicia:
- Presidente: Luis Barrio Doel
- Vicepresidentes: Santiago Porteiro Rama, Ramiro, Ardao Cao e José Villaverde Suárez
- Secretario: Manuel Pena Calvo
- Tesoureiros: Manuel López Roca e Ángel Feal Feal
- Vocais: Luis Rivera Bouza, Fernando Saavedra Pérez, Jesús Martínez Fernández, Jesús Blanco Montero, Dionisio Román Chao, Francisco Javier Tembrás Meizoso, Pedro Pérez Estévez e Antonio López Rubio.
Tras máis de dúas décadas sen actividade, a finais de 2015, organízase unha reunión co fin de crear unha escudería coa que poder organizar algún evento de motor local, sen que sexa necesario que esa tarefa a desempeñen organizacións de outras zonas. A decisión adoptada é a de intentar recuperar o ACAP, entidade de gran renome que tivera actividade a finais dos anos ‘80 e comenzos dos ‘90, en lugar de crear unha nova entidade, polo que se inician unha serie de contactos e viaxes co fin de saber a situación actual do ACAP, coa sorpresa de atopar unha gran axuda tanto na Federación Galega de Automobilismo, como na Secretaría Xeral para o Deporte, e outras entidades que poñen énfase en actualizar o estado do clube.
Así, o 14 xullo de 2016 despois de varias reunións, asínase a nova directiva:
- Presidente: Francisco Cascudo Tojeiro - Vicepresidenta: María Pico García
- Secretaria: Graciela Díaz Gabeiras - Tesoureiro: Rafael Rego Gregorio
- Vocais: José M. Paz ‘Palotes’, José L. Pereira, David Rguez Sanmartín e Emilio Ledo Pernas
Posteriormente, o 1 de agosto de 2017, modifícanse os Estatutos para adaptalos á Lei 3/2012 do 2 de abril, cambiando tamén o organigrama da xunta directiva:
- Presidente: José L. Pereira Rodríguez - Vicepresidente: Francisco Cascudo Tojeiro
- Secretario: Emilio Ledo Pernas - Tesoureiro: José M. Paz ‘Palotes’
- Vocais: María Pico García, Rafael Rego Gregorio e David Rodríguez Sanmartín
Neste intre comeza a colaboración do ACAP en eventos automobilísticos da bisbarra e a organizar as Rutas Turísticas Vila de As Pontes, de carácter social, e o Slálom Vila de As Pontes. ACAP ten actualmente equipos competindo tanto en karting e autocross como en ralis, diversificados nos diferentes Campionatos de Galicia e de España, sobre terra e asfalto, cun futuro moi prometedor por diante.