IV Slalom Vila de As Pontes
O AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES organiza o IV Slalom Vila de As Pontes o día 03 de xuño de 2023, unha proba de carácter nacional, puntuable para o Campionato de Galicia de Slalom.
Esta proba de Slalom disputarase de acordo co establecido nas prescricións comúns ós Campionatos e Copas de Galicia 2023, o regulamento xeral do Campionato de Slalom, e o presente regulamento particular da proba, no C.D.I. (e os seus anexos), aprobados pola Federación Galega de Automobilismo o día 3 de Abril de 2023.
A proba ten o Permiso de Organización da Federación Galega de Automobilismo número GA-009-SL.
DEFINICIÓN. Un slálom é unha proba de habilidade ó volante, que se desenrolará sobre un pavimento plano, asfaltado, encementado ou co 20% en superficie en terra, que comporta cambios de dirección marcados preferentemente por obstáculos, como conos ou portas.
VEHÍCULOS ADMITIDOS: Admitiranse os vehículos de:
- Condicións que deben reuni-las probas; deben prever, como mínimo, as seguintes clases:
AGRUPACIÓN I: ata 1.200 c.c. (Tracción dianteira, calle e competición).
AGRUPACIÓN II: Desde 1.201 a 1.600 (Tracción dianteira).
AGRUPACIÓN III: A partir 1.601 c.c. (Tracción dianteira).
AGRUPACIÓN IV: Tódalas cilindradas (Tracción traseira).
AGRUPACIÓN V: Tódalas cilindradas (Tracción total).
AGRUPACIÓN VI: Vehículos eléctricos 100% ata un máximo de 80kw (de calle)
INSCRICIÓNS: As solicitudes de inscrición admitiranse ata o luns 29 de Maio do 2023 as 20:00 horas, e a organización remitirá copia á Federación Galega de Automobilismo, por correo ou Fax, antes da celebración da mesma. O peche de inscricións realizarase, con data límite . A relación completa de inscritos, coa adxudicación do número de orde, será aprobada e autorizada polo habilitado da Federación Galega de Automobilismo, despois de comprobar tódalas directrices, para a súa publicación con tres días de antelación ó comezo da proba.
Dereitos de inscrición:
85 €. Aceptando a Publicidade facultativa.
170 €. Non Acepta a Publicidade facultativa.
As solicitudes de inscrición deberanse remitir vía e-mail a: Entidade: AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES e-mail: inscripcions@automovilclubaspontes.com
CIRCUÍTO: O circuíto de asfalto plan redial nacional, estará emprazado no CIRCUITO DE KARTING AS PONTES, no Concello de AS PONTES.
Podese consultar o regulamento da proba na páxina web da Fedración Galega de Automovilismo . fga.es
Agradecementos especiais a todos os colaboradores
TALLER METÁLICO OS LOUREIROS | FERROS MARCOS | MARMOLERA PONTESA | GADISA |
DESGUACES VILABELLA | TALLERES TREVIN | TALLERES ESPIÑAREDO | NEUMÁTICOS MAGÓN |
TALLERES TRINSA | DMR AUTOMOCIÓN | TEXAS MODA JOVEN | TALLERES PAR MOTOR |
ROVIL STUDIO -COCINA Y BAÑO | CRONOS AS PONTES /LECAR | ALMACENES DEL EUME | O COLADOR CERVECERIA |
A TABERNA DE PANCHO | MESÓN 7 CAMIÑOS | CAFETERÍA VENUS | CERVECERÍA A FERVENZA |
TALLERES VARELA | KIOSCO DO BARREIRO | FERRETERÍA MARCOS | DENTAL NG |
CARLOS DE AREA TRANSFORMACIONES AGRÍCOLAS | LA TOÑY PUB | BAR LA SEGUNDA CUEVA | |
BAR CALVO | GABEIRAS TRANSPORTES | FERPU COMERCIAL AGRÍCOLA | MMYPEM BY VOLTAN |
TALLERES PRIETO | INVERNERGY SERVICES | TALLERES Y RECAMBIOS DAVID ALVARIÑO | BAR A BOTELLERÍA |