III Slalom Vila de As Pontes
O Automovil Club As Pontes organiza o III Slalom vila de As Pontes o próximo 12/11/2022 , penúltima proba do campeonato Galego de Slalom e única proba que se celebra dentro dun circuito.
O AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES acaba de celebrar o 3º Slalom Vila de As Pontes, unha proba encadrada dentro do Campeonato Galego organizado pola Federación Galega de Automobilismo.
Esta proba de habilidade automobilística, desenrolada no trazado do circuito de karting municipal de As Pontes, albergou nesta edición a inscripción de participantes mais alta de todo o campeonato dos últimos anos.
Durante a mañá do sábado día 12, desenroláronse as sesións de entrenos, sendo pola tarde as mangas oficiais, nas cales, cada participante tiña que dar unha volta ó circuito no menor tempo posible, tratando de non tocar os obstáculos colocados o longo de todo o trazado, para non ser penalizado.
Durante toda esta solleira xornada, os pilotos estiveron animados por unha gran cantidade de público, que fixo que as zoas de aparcamento existentes o redor do circuito se quedaran pequenas.
Os tres primeiros postos da clasificación xeral foron para:
1.- Manuel Souto (Peugeot 205 gti)
2.- Francisco Pico (Citroën Ax)
3.- Ivan Picallo (Citroën Saxo).
Os vencedores dos trofeos foron; Rubén Gandoy (Peugeot 206 Xr) millor Trofeo Iniciación, Aaron Rodríguez (Peugeot 106 ) millor trofeo Debutante, Laura Rañal (Peugeot 205 gti) millor pilota feminina, Manuel Trevín (BMW Compact) millor piloto Trofeo As Pontes e Antonio Amor (Seat 124 1800 FU) millor piloto trofeo Histórico.
O AUTOMOVIL CLUB AS PONTES agradece a colaboura da Deputación de A Coruña, Concello de As Pontes, Federación Galega de Automobilismo, Protección Civil de As Pontes, Rovil Studio, Desguaces Vilabella e todas as empresas que fixeron posible a organización de este evento, así como as escuderías Scratch Fene, Escudería Moeche, Siroco Team Narón, As Pontes Motorsport e a os mais de 40 voluntarios que fixeron posible o desenvolvemento de esta proba.