Novas

Automóvil Club As Pontes

Yesi Lorenzo, piloto do Automóvil Club As Pontes, participou os días 29 e 30 de xullo na terceira proba do campeonato portugués de Rallycross no circuito de Montalegre.

Yesi Lorenzo, piloto do Automóvil Club As Pontes, participou os días 29 e 30 de xullo na terceira proba do campeonato portugués de Rallycross no circuito de Montalegre.

Yesi, ao volante do seu kartcross La Base SX-01, estivo todo o fin de semana na pelexa polas primeiras posicións nas mangas de clasificación disputadas, nas cales, a pesar de ter problemas mecánicos de embrague durante o sábado e un lixeiro toque con outro piloto domingo logrou a volta rápida e situarse a seis centésimas da primeira posición. Xa na final disputada o domingo, e a pesar de non realizar unha boa saída, mantuvo un ritmo de carreira moito mais rápido que os seus rivais, chegando a meta cinco segundos mais rápida que todos os seus adversarios, e logrando a volta rápida e o récord Junior de esta pista. Gracias a esta victoria, Yesi acércase a João Diniz, líder do campeonato, consolidándose na segunda praza e con gañas de obter a victoria dun campionato no cal pelexan tanto rapazas como rapaces a igualdade de condicións. Logo de obter esta victoria en Montalegre, Yesi competirá o vindeiro fin de semana (4 e 5 de agosto) no campionato nacional de autocross que se disputará no circuito de autocross de Arteixo. A piloto chegará a este circuito, xa coñecido como a catedral do autocross, sen disputar os entrenos realizados o anterior fin de semana, polo que terá que amosar tódalas suas boas dotes de pilotaxe dende o primeiro intre para intentar estar nos postos de cabeza, tal como nos ten acostumados.