Yesi Lorenzo mantén a segunda praza no Campeonato Luso tras o novo podio.
A piloto fixo frente o segunda das carreiras do Campeonato de Portugal de Rallycross. Unha competición que en esta ocasión tivo lugar no trazado de Montealegre, e si ben cambiou o emprazamento o que non o fixo foi a presenza da xove deportista no podio. Lorenzo rematou na segunda posición da competición Junior, o igual que fai pouco máis dun mes en Lousada, polo que mantén ese lugar de prata na clasificación Xeral. A integrante da Escudería ACAP pontesa mostrouse como a máis rápida nos cronometrados do sábado, polo que se fixo coa “pole”. Xa nas citas clasificatorías, a local mantivo este segundo lugar na media das tres mangas, saíndo en esta posición na final. Nesta última carreira, Lorenzo aferrouse o lugar da prata tras unha carreira mui disputada en na que de novo a de ACAP fixo volta rápida. A local disputará en septembro a terceira cita lusa. “Segunda posición na categoría Trofeo carcross Junior co meu RX01, 1° na crono e volta rápida na final, na segunda proba do campionato de rallycross, celebrada en Montealegre ?!” Comenta a propia Yesi Lorenzo nas súas redes.