X Duelo de trasera de Navia
Bo día de carreiras o celebrado este domingo 27 de agosto na vila de NAVIA.
8 pilotos chegados dende o País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia dábanse cita nesta singular
proba. Destacando a presenza de Oscar Palacio, pluricampión de rallies en Asturias en campión
da copa de España de rallies.
Nas clasificatorias de pola mañá o mellor tempo era para Trevín con 1:35.3, e na segunda, co
asfalto seco trevín volvía ser o mellor con 1:32:1 sendo Prada (con BMW M3) segundo con
1:32:7.
Cos tempos obtidos nas clasificatorias faise un cadro de cuartos, semis e finais, ó mellor de 3
pasadas, nas que os pilotos se enfrentan ó mesmo tempo no circuito.
Na primeira eliminatoria Trevín enfréntase ó SEAT 1430 de Javi Max. Esta vez sobre o asfalto
mollado o do BMW gañaba as duas primeiras tandas co que se clasificaba para a semifinal. Nos
outros enfrentamentos, Palacio eliminaba a Mellado, Goirena facía o mesmo con J.Perez, e F.
Prada eliminaba a J. Almeyda.
As primeira semifinal enfrenta o Compact de Trevín con M3 de Palacio. Moi axustado se viu o
resultado da primeira manga na que Trevín gañaba por 6 décimas. A segunda volvía a
sorprender o do Compact ó volver a gañar, esta vez por 1 segundo.
Na outra semifinal, Prada vencía o vasco Goirena con algo máis de solvencia, ainda que con
menos de 2 segundo de diferencia.
Con estos tempos tan axustados e o asfalto seco, parecía que F. Prada podía ter vantaxe pola
maior potencia do seu M3, pero Trevin volveu a mostrar toda a sua efectividade que amosa nos
slalom vencendo na primeira manga por algo mais de un segundo de vantaxe. Na segunda
manga un pequeno fallo de Prada, fai que se lle cale o coche e perda toda opción a forzar a 3
manga.
Con isto Trevín queda campión deste espectacular “duelo de traseras”, por segundo ano
consecutivo.