VII SLALOM VILA DE AS PONTES
VII SLALOM VILA DE AS PONTES
O AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES, organiza o VII Slálom Vila de As Pontes o día 30 de maio de 2026 que se vai celebrar nas instalacións do circuito de karting de As Pontes, unha proba de carácter nacional, puntuable para o Campionato de Galicia de Slálom 2026. Esta proba de Slálom disputarase de acordo co establecido nas Prescricións Comúns 2026, no Regulamento Xeral do Campionato de Slálom 2026 (e os seus anexos), e o presente Regulamento Particular da proba, no C.D.I. (e os seus anexos), aprobados pola Federación Galega de Automobilismo o día 9 de abril de 2026.
A proba ten o Permiso de Organización da Federación Galega de Automobilismo número GA-021-SL.
Un Slálom é unha proba de habilidade ó volante, que se desenrolará sobre un pavimento plano, asfaltado, encementado ou co 20% en superficie en terra, que comporta cambios de dirección marcados preferentemente por obstáculos, como conos ou portas.
VEHÍCULOS ADMITDOS:
AGRUPACIÓN I: Vehículos de competición de tracción dianteira e de cilindrada ata 1.200 c.c.
AGRUPACIÓN II: Vehículos de competición de tracción dianteira e de cilindrada dende 1.201c.c. ata 1.600 c.c.
AGRUPACIÓN III: Vehículos de competición de tracción dianteira e de cilindrada a partir 1.601 c.c.
AGRUPACIÓN IV: Vehículos de competición de propulsión traseira e de calquera cilindrada.
AGRUPACIÓN V: Vehículos de competición de tracción total, incluídas tódalas cilindradas.
AGRUPACIÓN VI: Vehículos Prototipos (vehículos con carrocería tipo turismo, de chasis monocasco, semitubular ou tubular, que así estean homologados).
AGRUPACIÓN VII: Vehículos de serie de tracción dianteira e de cilindrada ata 1.200 c.c. (os vehículos de serie).
CONCURSANTES ADMITIDOS: Para participar na proba estarase ó disposto no Anexo I 2026 publicado pola Federación Galega de Automobilismo.
Considéranse Debutantes, todos aqueles participantes que teñan por primeira vez a licencia de piloto, non téndose en conta as licencias de piloto de Karting nin as restrinxidas doutras modalidades que non sexan Slálom.
INSCRICIÓNS:
Todo equipo que desexe participar no VII SLÁLOM VILA DE AS PONTES, terá que cumprimentar telemáticamente na zona privada da plataforma PODIUM no formulario de inscrición. A falla de calquera dos datos requiridos no formulario implicará que non se complete e polo tanto se refuse a mesma.
Os dereitos de inscrición deberán ser satisfeitos a través da plataforma PODIUM no momento da inscrición, e NON SE DEVOLVERÁN OS DEREITOS DE INSCRICIÓN A NINGÚN PARTICIPANTE UNHA VEZ PUBLICADA A LISTA DE INSCRITOS.
Os dereitos de inscrición comprende o seguro garantindo a responsabilidade civil fronte a terceiros, de acordo coa regulamentación da Federación Galega de Automobilismo.
No momento da realización da inscrición cada participante deberá remitir ao Comité Organizador vía e-mail ou en persoa as copias de:
Licenza: piloto, concursante e asistencia, no caso.
Ficha técnica do vehículo.
ITV do vehículo en vigor.
Seguro obrigatorio do vehículo en vigor
Tamén remitirá o xustificante de pago dos dereitos de inscrición na proba.
Dereitos de inscrición:
85 €.: Aceptando a Publicidade facultativa.
170 €.: Non acepta a Publicidade facultativa.
e-mail: inscripcions@automovilclubaspontes.com