VII ruta turística Vila de as Pontes
O Automovil Club As Pontes organiza a VII Ruta Turística Vila de As Pontes o 16 de Setembro de 2023 puntuable pó Open Rutas Turísticas Ferrolterra 2023.
É un evento automovilístico non deportivo no que poden participar todo tipo de coches, tanto actúales como clásicos os cales terán que seguir as indicacións da organización plasmadas nun rutómetro o cal indica a hora que teñen que pasar polos puntos sinalados e respetando en todo momento as normas de circulación.
A Ruta terá un percorrido total de 110 kilómetros aproximadamente divididos en tres seccións entre as cales faremos un pequeno descanso e o final da ruta cenaremos todos xuntos e compartiremos as nosas vivencias o longo do percorrido realizado por distintos lugares, pobos e rúas do Concello de As Pontes.
As inscripcións para a Ruta Turística estarán abertas dende o próximo día 13 de Agosto e rematarán o Mércores 13 de Setembro de 2023 as 20:00.
O precio da inscripción é de 60 Euros para piloto e copiloto con dereito a cea fin de Ruta e de 35 Euros se non se queda a cea ; tamén temos a posibilidade de que acudan acompañantes a cea que teñen un custo de 25 Euros e deberanse anotar na folla de inscripción xunto co piloto e copiloto.
As inscripcións pódense facer a través da nosa páxina web www.automovilclubaspontes.com descargando o formulario , cubrilo debidamente e envíalo por email a : contacto@automovilclubaspontes.com , a través de calquera dos nº de teléfono que aparecen no cartel ou nos seguintes establecementos:
Bar Xambas (Moeche)
Mesón 7 Camiños (As Pontes)
Faremos entrega de dorsais e demais documentación na Cervecería O Colador a partir das 15:00 situado na Avenida da Coruña 37 e a saída do primeiro participante será as 16:00.
A saída e máis o parque pechado estarán situados no patio do colexio Santa María situado na Rúa Alexandre Bóveda.
Unha vez completada a Ruta no Restaurante Pena da Revolta disfrutaremos todos xuntos da cea fin de Ruta a partires das 22:30 e posteriormente será a entrega de premios.
Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados así como para o primeiro equipo femenino (que non esteña entre os tres primeiros clasificados), primeiro equipo con vehículo histórico (mais de 30 anos , que non esteña entre os tres primeiros clasificados ) e para o primeiro equipo de As Pontes( que os dous componentes do equipo sexan de As Pontes e que non esteña entre os tres primeiros clasificados)
E importante consultar o regulamento do Open Rutas Turísticas o cal podes ver na nosa páxina web www.automovilclubaspontes.com e na páxina web do Open www.openrutasturisticas
Podes contactar con nosoutros nos nº de teléfono: 636641602 Rafa 671581118 Palotes 627724765 Rai
Agradecementos especiais a todos os colaboradores
TALLER METALICO OS LOUREIROS
FERROS MARCOS
MARMOLERA PONTESA
GADISA
DESGUACES VILABELLA
TALLERES TREVIN
TALLERES ESPIÑAREDO
NEUMATICOS MAGON
TALLERES Y RCAMBIOS PF
BAR A BOTELLERIA
TALLERES TRINSA
DMR AUTOMOCIÓN
TEXAS MODA JOVEN
TALLERES PAR MOTOR
ROVIL STUDIO - COCINA Y BAÑO
CRONOS AS PONTES /LECAR
ALMACENES DEL EUME
O COLADOR CERVECERIA
A TABERNA DE PANCHO
MESON 7 CAMIÑOS
CAFETERIA VENUS
CERVECERIA A FERVENZA
TALLERES VARELA
KIOSCO DO BARREIRO
FERRETERIA MARCOS
CLINICA DENTAL NG
CARLOS DE AREA TRANSFORMACIONES AGRICOLAS
LA TOÑY PUB
CAFÉ BAR LA SEGUNDA CUEVA
BAR CALVO
LUJO IMPRENTA PAPELERIA
GABEIRAS TRANSPORTES
FERPU COMERCIAL AGRICOLA
MMYPEM BY VOLTAN
TALLERES PRIETO
INVERNERGY SERVICE
Reglamento: Enlace ao reglamento ( www.openrutasturisticas )
- Publicaremos a lista de inscriptos coa hora de saída de cada participante.
- Recordade que podedes recoller toda a documentación o día da proba na Cervecería O Colador situado na Avenida da Coruña Nº 37
- Estará habilitado para todos os participantes o patio do Colexio Santa María situado na Rúa Alexandre Bóveda.
- Para calquera aclaración ou duda podedes poñervos en contacto en calquera dos números de teléfono que aparecen no cartel.
DESCARGAR FOLLA DE INSCRIPCIÓN 2023