Novas

Automóvil Club As Pontes

VI SLALOM VILA DE AS PONTES

VI SLALOM VILA DE AS PONTES

VI SLALOM VILA DE AS PONTES

O AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES, organiza o 6º Slálom Vila de As Pontes o día 31 de maio de 2025 que se vai celebrar nas instalación do circuito de karting de As Pontes, unha proba de carácter nacional, puntuable para o Campionato de Galicia de Slálom 2025. Esta proba de Slálom disputarase de acordo co establecido nas Prescricións Comúns 2025, no Regulamento Xeral do Campionato de Slálom 2025 (e os seus anexos), e o presente Regulamento Particular da proba, no C.D.I. (e os seus anexos), aprobados pola Federación Galega de Automobilismo o día 3 de abril de 2025. A proba ten o Permiso de Organización da Federación Galega de Automobilismo número GA-018-SL. Un Slálom é unha proba de habilidade ó volante, que se desenrolará sobre un pavimento plano, asfaltado, encementado ou co 20% en superficie en terra, que comporta cambios de dirección marcados preferentemente por obstáculos, como conos ou portas.

O incumprimento dalgún/s artigo/s da normativa citada ou do Regulamento Particular, aprobado pola F.G.A., será estudiado pola Comisión de Slálom, para o seu análise, e aplicación das normas que teñan, con posterior traslado ó Tribunal Galego de Apelación si houbera lugar.

VEHÍCULOS ADMITIDOS:

A proba debe ter, como mínimo, as seguintes clases: AGRUPACIÓN I: Vehículos de competición de tracción dianteira e de cilindrada ata 1.200 c.c.

AGRUPACIÓN II: Vehículos de competición de tracción dianteira e de cilindrada dende 1.201c.c. ata 1.600 c.c.

AGRUPACIÓN III: Vehículos de competición de tracción dianteira e de cilindrada a partir 1.601 c.c.

AGRUPACIÓN IV: Vehículos de competición de propulsión traseira e de calquera cilindrada.

AGRUPACIÓN V: Vehículos de competición de tracción total, incluídas tódalas cilindradas.

AGRUPACIÓN VI: Vehículos Prototipos (vehículos con carrocería tipo turismo, de chasis monocasco, semitubular ou tubular, que así estean homologados). AGRUPACIÓN VII: Vehículos de serie de tracción dianteira e de cilindrada ata 1.200 c.c. (os vehículos de serie).

CONCURSANTES ADMITIDOS: Para participar na proba estarase ó disposto no Anexo I 2025 publicado pola Federación Galega de Automobilismo. Considéranse Debutantes, todos aqueles participantes que teñan por primeira vez a licencia de piloto, non téndose en conta as licencias de piloto de Karting nin as restrinxidas doutras modalidades que non sexan Slálom.

INSCRICIÓNS: Todo equipo que desexe participar na proba ten que cumprimentar telemáticamente en “www.fga.es” o formulario de inscrición. A falla de calquera dos datos requiridos no formulario de inscrición suporá o recusamento da mesma. As solicitudes de inscrición admitiranse ata o 26 de maio de 2025 as 20:00 horas, data na que a organización remitirá á Federación Galega de Automobilismo, por correo ou Fax, unha proposta de lista de inscritos ordenada e numerada, a cal no transcurso do día seguinte a F.G.A. aprobará a dita lista, podendo facer previamente os cambios que considere oportunos na mesma.

Dereitos de inscrición:

85 €.: Aceptando a Publicidade facultativa.

170 €.: Non acepta a Publicidade facultativa.

As solicitudes de inscrición deberanse remitir vía e-mail a: Entidade AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES

e-mail: inscripcions@automovilclubaspontes.com

Os dereitos de inscrición poderán ser satisfeitos en:

Entidade BBVA número de conta ES48 0182 5300 9402 0160 3785.

Os dereitos de inscrición comprende o seguro garantindo a responsabilidade civil fronte a terceiros, de acordo coa regulamentación da Federación Galega de Automobilismo.

No momento da realización da inscrición cada participante deberá remitir ao Comité Organizador vía e-mail ou en persoa as copias de:

* Licenza: piloto, concursante e asistencia, no caso.

*Ficha técnica do vehículo. –

*ITV do vehículo en vigor.

*Seguro obrigatorio do vehículo en vigor

*Xustificante de pago dos dereitos de inscrición na proba.