V SLALOM VILA DE AS PONTES
O AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES, organiza 0 5 0 Slálom Vila de As Pontes o día 01 de xuño de 2024, unha proba de carácter nacional, puntuable para o Campionato de Galicia de Slálom 2024.
Esta proba de Slálom disputarase de acordo co establecido nas Prescricións Comúns do Anuario 2024, no Regulamento Xeral do Campionato de Slálom 2024 (e os seus anexos), e o seu Regulamento Particular da proba, no C.D.I. (e os seus anexos), aprobados pola Federación Galega de Automobilismo o día 16 de abril de 2024. A proba ten o Permiso de Organización da Federación Galega de Automobilismo número GA-018-SL.
Un Slálom é unha proba de habilidade ó volante, que se desenrolará sobre un pavimento plano, asfaltado, encementado ou co 20% en superficie en terra, que comporta cambios de dirección marcados preferentemente por obstáculos, como conos ou portas.
VEHíCULOS ADMITIDOS:
* A proba debe ter, como mínimo, as seguintes clases:
* AGRUPACIÓN I: Vehículos de competición de tracción dianteira e de cilindrada ata 1.200 c.c.
* AGRUPACIÓN II: Vehículos de competición de tracción dianteira e de cilindrada dende 1.201c.c. ata 1,600 c.c,
* AGRUPACION III: Vehículos de competición de tracción dianteira e de cilindrada a partir 1.601 c.c.
* AGRUPACIÓN IV: Vehículos de competición de propulsión traseira e de calquera cilindrada.
* AGRUPACIÓN V: Vehículos de competición de tracción total, incluídas tódalas cilindradas.
* AGRUPACIÓN VI: Vehículos Prototipos (vehículos con carrocería tipo turismo, de chasis monocasco, semitubular ou tubular, que así estean homologados).
* AGRUPACIÓN VII: Vehículos de serie de tracción dianteira e de cilindrada ata 1.200 cc. (os vehículos de serie).
CONCURSANTES ADMITIDOS:
Para participar na proba estarase ó disposto no Anexo I do Anuario Deportivo 2024 publicado pola Federación Galega de Automobilismo.
Considéranse Debutantes, todos aqueles participantes que teñan por primeira vez a licencia de piloto, non téndose en conta as licencias de piloto de Karting nin as restrinxidas doutras modalidades que non sexan Slálom.
INSCRICIÓNS:
Todo equipo que desexe participar na proba ten que cumprimentar telemáticamente en www.fga.es o formulario de inscrición. A falla de calquera dos datos requiridos no formulario de inscrición suporá o recusamento da mesma.
As solicitudes de inscrición admitiranse ata o 27 de maio do 2024 as 20:00 horas.
Dereitos de inscrición:
85 €.: Aceptando a Publicidade facultativa. 170 €.: Non acepta a Publicidade facultativa.
As solicitudes de inscrición deberanse remitir vía e-mail a: Entidade AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES e-mail: inscripcions@automovilclubaspontes.com
Os dereitos de inscrición poderán ser satisfeitos en: Entidade: BANCO SANTANDER número de conta ES63 0238 8143 0106 0202 4629