V Ruta Turística Vila de As Pontes
O pasado sábado día 30 de Outubre, o Automóvil Club As Pontes (ACAP) celebrou a súa V ruta turística Vila de As Pontes, unha proba non deportiva que tivo unha incripción cun total de 55 inscritos os cales disfrutaron, unha vez mais, dun percorrido de mais de 130 km por diversos lugares do concello de As Pontes, chegando a diversos lugares como pode ser O Freixo , Aparral ou a Faeira, sendo esta edición unha proba moi marcada na categoria de regularidade, mantendo un control dos tempos realizados a través de sistemas dixitais de última tecnoloxía e verificación Online. Este evento tivo unha marcada participación de vehículos históricos (denominación a vehículos de mais de 25 anos) procedentes de toda Galicia, tendo participantes de concellos próximos como pode ser Moeche, Somozas, Narón, Ferrol, Pontedeume, e Viveiro, ou concellos mais lonxanos como pode ser Cambre ou Coruña, chegando a ter participación chegada dende Vigo, sen olvidarnos dos participantes propios da nosa vila, os cales sempre responden de maneira masiva a calquer evento que organiza ACAP. Agradecemos a participación dos equipos encadrados no trofeo de Equipo Feminino, sendo un trofeo orientado a equipos compostos unicamente por mulleres, nas cales vemos cada vez mais interés por este tipo de probas. Dende o Automovil Club As Pontes damos as gracias a todos os participantes e as empresas colaboradoras que fixeron posible a organización de este evento, así como ao Concello de As Pontes e Diputación de A Coruña dos cales sempre recibimos a sua colaboura. Grazas a tod@s!! e esperamosvos o vindeiro ano con novas sorpresas Automóvil Club As Pontes