Novas

Automóvil Club As Pontes

UNHA SEMANA PARA O PECHE DE INSCRICIÓNS

UNHA SEMANA PARA O PECHE DE INSCRICIÓNS

Queda aínda unha semana para que se acabe o prazo de inscrición e medio centenar de vehículos xa formalizaron a súa solicitude. Espérase a presenza dos principais equipos de España, atraídos pola posibilidade de poder rodar en chan galego antes de participar nas citas da comunidade autónoma que son puntuables para o SCER, e en fronte terán unha ampla participación de pilotos locais, entre os que contaremos con algunhas novidades que sen dúbida centrarán os focos de atención. Para os equipos que mostran a súa preocupación por un calendario de carreiras que se viu moi compactado debido á pandemia, lembramos que en caso de non poder tomar a saída, a organización reembolsaralle ata un 75% do importe da inscrición.