Novas

Automóvil Club As Pontes

Séptima posición de Yesi Lorenzo

Séptima posición de Yesi Lorenzo

“Unha experiencia moi boa a que vivín este finde no Campionato de España de #Autocrós. Un sétimo posto co meu #rx01, no meu primeiro #autocrós e a nivel nacional ?!!! A pesar de sufrir varios golpes nas clasificatorias que me fixeron atrasar algunha posición para a final, conseguín remontar e voume moi contenta con esta sétima posición. Grazas a todos os amigos que me animan e apoian nesta gran aventura, e a Maikel Manuel Vilariño Vilas”. “Quero felicitar ao Club Motor Esplús pola boa organización da proba, e agradecer a axuda que nos prestaron para solucionar a avaría que tivemos na nosa viaxe de ida.”