Novas

Automóvil Club As Pontes

RAFAEL SIMON P1 na segunda proba do Campionato de karting de Castela e León

Finalizado a segunda proba do Campionato de karting de Castela e León os resultados obtidos son:

RAFAEL SIMON P1
MANUEL SIO P9
IVAN CARMONA P10
JAVIER CONEJERO P6
PABLO CAPON P5
Moitas grazas a tod@ s pola vosa ilusión e dedicación, nesta ocasión moi especialmente a Iván Carmona por repoñerse do accidente cando estaba a pelexar por postos de cabeza e que acabou co chasis fóra de pista,esnaquizando a parte frontal do mesmo.
Preparándoo en tempo récord para volver saír á segunda carreira coas mesmas ganas de gañar.
Outro piloto que non tivo a mellor fin de semana foi Manu Sio que tivo problemas mecánicos durante a maior parte da competición.
O recentemente incorporado Javier Conejero demostrou que con traballo pódese pelexar por postos de cabeza indo en toda a fin de semana de menos a máis.
Gran evolución realizado por Pablo Capón empezando a fin de semana con máis dun segundo de diferenza coa cabeza e terminando a menos de dúas décimas.
E que dicirvos do pequeno Rafa que desde o venres xa tiña claro que quería gañar e así foi pelexando moito durante toda a fin de semana. Unha vitoria moi merecida e traballada.
Felicidades campión!
Como sempre agradecer á organización pola súa profesionalidade.
En 15 días volvemos ver no Campionato Galego no circuíto da Madalena.
Deixámosvos a foto do noso novísimo piloto Rafael Simón no alto do pódium.

Share this Post