O próximo sábado día 12 de Agosto de 2023 celebrase o VII Slalom Concello de Sarria no cal ACAP contará cunha ampla representación.
O circuíto estará ubicado na contorna do Campo da Feira, que terá o acceso cortado desde a rúa Conde de Lemos, e o parque de traballo situarase a carón do Parque de Bombeiros.
Dorsal: 1 Manuel Trevín Rego. Agrupación: IV
Dorsal: 3 Aarón Rodríguez Tembrás. Agrupación: II
Dorsal: 48 Anxo durán González. Agrupación: I Debutantes e iniciación
Dorsal: 35 Carlos Area Picos. Agrupación: I Debutantes e iniciación
Os principais horarios para seguir todo o que acontece nesta proba son:
De 9.00 a 10.30 horas: Verificacións administrativas e técnicas dos vehículos
11.00 horas: Publicación da lista de vehículos autorizados a tomar a saída
12.00 horas: Primeira manga de adestramentos
16.30 horas: Segunda manga de adestramentos
A continuación: Dúas mangas de competición oficial
21.15 horas: Entrega de premios
lista de inscriptos Sarria 2023