Novas

Automóvil Club As Pontes

IV Ruta turística Vila de As Pontes

IV Ruta turística Vila de As Pontes

O pasado día 8 de febreiro, o Automóvil Club As Pontes (ACAP) celebrou a sua 4ª ruta turística Vila de As Pontes, unha proba non deportiva que tivo mais de 40 inscritos os cales disfrutaron dun percorrido por diversos lugares deste concello, chegando a diversos lugares como po ser O Freixo , Aparral , o Caneiro, Saa, etc, e tamén percorrendo zonas do concello de Xermade e Muras. Dita ruta finalizou cunha cea en Goente. Este evento está encadrado dentro do Open de Rutas Turísticas de Ferrolterra 2018, o cal consta dun total de 6 probas. Durante este día tivemos mais de I00 persoas que coñeceron o noso pobo cunha importante repercusión na hostalería local, tanto a primeira hora da tarde, a media tarde e a noite, que son os momentos nos cales os participantes se baixaban dos seus vehículos e intercambiaban as suas experiencias e opinións, felicitando a organización pola ruta realizada. O próximo evento que vai organizar o Automóvil Club As Pontes (ACAP) será o 1º Rallye de Regularidade Vila de As Pontes, unha proba organizada para vehículos con mais de 25 anos e que conta con ser un referente na comarca.