IV CLÁSICA VILA DE AS PONTES
ACAP organiza a IV CLÁSICA VILA DE AS PONTES o próximo 30/08/2025 , unha proba de regularidade para vehiculos históricos (máis de 25 anos o día da proba).
Esta é unha proba de caracter non deportivo que discorre por carreteras abertas ó tráfico e na que a velocidade media é inferior os 50 kilómetros hora.
Recorreremos varios lugares do Concello de As Pontes e tamén do Concello das Somozas.
O parque pechado estará situado na Rúa Alexandre Bóveda no patio do colexio Santa María donde faremos entrega da documentación pertinente e o primeiro participante sairá as 15:30 de dita rúa e posteriormente o resto de participantes cun intervalo de un minuto estando prevista a chegada do primero participante as 21:00 ó Restaurante Pena Da Revolta en donde finalizaremos a xornada cunha cea e posteriormente será a entrega de trofeos e agasallos.
A IV CLÁSICA VILA DE AS PONTES contará cun percorrido de preto de 150 kms dividos en 8 tramos xunto cos seus respectivos enlaces.
O prazo de incripción ábrese o 30/07/2025 as 00:00 e pecharase o 25/08/2025 as 20:00 e poderase facer descargando a folla de inscripción na páxina web: www.automovilclubaspontes.com en donde tamen estará o resto da documentación necessária. O prezo da inscripción será de 100 Euros con dereito a cea,e incripción sin dereito a cea será de 60 Euros e se alguen quere levar un acompañante a cea a maiores terá um prezo de 30 Euros por persoa.
É importante consultar o regulamento paticular da proba que estará a disposición de todos os interessados na paxina web www.automovilclubaspontes.com.