Novas

Automóvil Club As Pontes

Iago Gabeiras no Rally Terras de Aboboreira

Iago Gabeiras no Rally Terras de Aboboreira

“Obxectivo cumprido no Rally Terras de Aboboreira.” “Esta fin de semana desprazámonos xunto a Brais Mirón como copiloto ata Amarante en Portugal para disputar o Rally Terras De Aboboreira co obxectivo de rodar os nosos primeiros quilómetros este ano, e ir collendo ritmo despois do parón do 2020.” “Un rally xa de por se complicado cos esixentes tramos de terra da zona, que chegaron a formar parte do campionato do mundo de rallys, e que se volveron moito mais complicados debido ao paso da gran cantidade de vehículos da máxima categoría presentes, e á nosa orde de saída moi atrasado.” “A pesar de todo os pneumáticos Kumho demostraron unhas grandes prestacións nestes tramos tan rotos e conseguimos finalizar o rally.” “Como anecdota, o noso simbólico podium, ao ser os únicos participantes na categoría RC5, pero que nos serve para dar as grazas ao equipo e patrocinadores polo seu traballo e confianza.” “Se os rumores confírmanse empezaremos a #becartsjunior en casa, no Rally Terras dá Auga, a primeira fin de semana de Xuño.” Kumho Tyre É | ASR TYRES | TRS Racing Team | Escuderia Acap