Novas

Automóvil Club As Pontes

Empeza unha nova tempada para Iago Gabeiras

Empeza unha nova tempada para Iago Gabeiras

Continúa a aposta de Kumho e ASR Tyres polos novos pilotos. Esta tempada, o apoio será para unha das novas promesas do automobilismo galego, Iago Gabeiras. Gañador da Copa Suzuki Swift Júnior en 2018, Gabeiras afrontará en 2021 a Bolsa Júnior R2 da RFEdeA, aos mandos dun Peugeot 208 Rallye 4. Contará o apoio, entre outros, de Kumho e ASR Tyres, así como por parte do Automóbil Club As Pontes, escuadra na que militará durante toda a tempada. O programa de Iago Gabeiras arrincará a próxima fin de semana en Portugal, con motivo do Rallye Terras d’ Aboboreira, onde participará a bordo de Renault Clio Rallye 5, á espera de que a súa montura definitiva estea terminada. Iago Gabeiras contará coa estrutura do equipo TRS, unha formación con gran experiencia no territorio nacional, e que poñerán ao dispor do piloto galego todo o seu coñecemento, xunto a ASR Tyres e Kumho. O Peugeot 208 Rallye 4 co que competirá Iago Gabeiras na Bolsa Júnior R2 é un vehículo de tracción dianteira, cun motor 1.2 PureTech, que ofrece unha potencia de 208 cabalos, cun par motor de 290 Nm. Conta cunha caixa de cambios secuencial de cinco velocidades, e un diferencial mecánico autoblocante. Todo iso unido ás grandes prestacións dos pneumáticos Kumho, aseguran un tándem en grao sumo competitivo, como xa se puido ver no pasado Rallye de Terra de Madrid, onde Daniel Berdomas lograba a vitoria en Dúas Rodas Motrices pilotando precisamente o Peugeot 208 Rallye 4, xunto aos pneumáticos Kumho. Declaracións de Iago Gabeiras antes do Rallye Terras d’ Aboboreira: “Estou entusiasmado co programa que temos para este ano. Decidimos correr esta proba para recuperar o ritmo, despois do parón da pasada tempada debido á pandemia. Moi pronto dispoñeremos do Peugeot 208 Rallye 4, un dos coches máis competitivos da categoría, e o noso obxectivo será pelexar pola Bolsa Júnior R2. Teño que dar as grazas ao Automóbil Club As Pontes por confiar no meu, e tamén a ASR Tyres e Kumho, xa que sen eles non sería posible sacar adiante este proxecto”.