COMUNICADO DE CANCELACIÓN DO 3º SLALOM VILAS DE AS PONTES
Reunidos os integrantes do AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES, acordamos: Que debido a situación actual e a incerteza da evolución do COVID-19, dende o AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES decidimos cancelar tódalas actividades programadas para este ano 2020, entre as que se atopa o 3º slalom Vila de As Pontes. Tendo en conta que as probas organizadas polo AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES están integradas en diversos calendarios, entre eles o calendario da FEDERACIÓN GALEGA DE AUTOMOVILISMO, e coa responsabilidade de dar unha estabilidade necesaria a ditos calendarios para unha millor organización dos clubes e participantes, decidimos cancelar a organización dos eventos programados para este ano. Dende este momento, o AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES comenza a traballar de cara o vindeiro ano 2021, o cal esperamos que nos depare unha millor estabilidade para poder continuar co noso obxetivo, poder organizar eventos no noso concello de AS PONTES. Dende este comunicado, queremos amosar o noso apoio a todos os nosos colabores e patrocinadores e entidades públicas e privadas, sen as cales non poderiamos levar a cabo a nosa actividade, e desexando que as axudas que se iban a dedicar a nosa actividade sexan invertidas en paliar os efectos de esta crise que estamos sufrindo.