Cambios na normativa da FGA
Onte, na asamblea da FGA, recuperouse unha parte da esencia do slalom, ser a modalidade de acceso ao automobilismo deportivo. A creación dunha licenza propia mais barata e a posibilidade de comezar a correr cun coche de calle de menos de 1200cc, abaratan o campionato enormemente, fixando unha limitación na cilindrada por motivos de seguridade e continuando as agrupacións II, III, IV e V, sendo as reservadas a vehiculos de competición para pelexar polo campionato. Ademáis, haberá por primeira vez a posibilidade de loitar por un trofeo oficial para os coches mais pequenos có trofeo de iniciación (agrupación I) e tamén trofeos para os debutantes en competición en 2022, as pilotas e a novidade mais orientada ó futuro, que permitirá correr cós novos coches eléctricos 100% ata 80kw, convertendo ó galego de slalom nun dos primeiros campionatos eléctricos do mundo, unha xanela aberta a que os concesionarios/marcas poidan amosar a enorme potencia instantánea que estes vehículos ofrecen fronte os tradicionais de combustión. Non o dubides, se queres desfrutar gastando o mínimo, ó Campeonato Gallego de Slalom é o lugar. PD: Xa hoxe temos novas de 8 pilotxs con 3 coches de menos de 1200cc para iniciación