Novas

Automóvil Club As Pontes

Balance moi positivo no 51 Rallye de Ferrol

Balance moi positivo no 51 Rallye de Ferrol

Iago Gabeiras pecha o 51 Rallye de Ferrol cun balance moi positivo da súa participación xunto a Jandrin López - Rallye Codriver a TRS Racing Team e a Escuderia Acap, cun 4º posto en 2 RM e un 2️º posto no TERJunior do Circuíto European Rally. Despois do contratempo do primeiro día, no que perderon moito tempo, saíron á segunda etapa do rally co obxectivo de remontar conseguindo escalar ata a 4ª posición en 2 RM e á 2ª no TERJunior a pesar dos problemas coa fatiga dos freos e algún que outro contratempo que finalmente puideron liquidar.