Adrián fíxose co título de campión de Castela e León
O pasado sábado, o Salón de actos da Delegación Territorial da Junta de Castilla y León, en Soria, acolleu a gala que premia aos gañadores dos campionatos rexionais de Karting de Castela e León. E alí houbo presenza de dous pilotos de Ferrolterra que triunfan por partida dobre. É o caso do piloto pontés da escuadra As Pontes Motor Sport, Adrián Dopico. Con só 7 anos, Adrián fíxose co título de campión de Castela e León de karting na categoría de rookies. Este novo piloto é ademais subcampión galego na súa categoría. Pero tamén, a ferrolá da escuadra ACAP, Yésica Lorenzo, que ostenta o titulo de campioa galega na categoría X30 júnior de Karting, recolleu o seu trofeo como terceira clasificada no campionato de Castela e León na súa categoría. Parabén a ambos pola súa entrega e polos éxitos alcanzado