A VII ruta turística Vila das Pontes celébrase esta fin de semana
As Pontes, 14 de setembro de 2023. O municipio das Pontes acollerá esta fin de semana, o sábado, 16 de setembro, a VII Ruta Turística Vila das Pontes.
A ruta, na que participarán preto de 40 vehículos chegados desde toda a comarca, arrancará ás 16:00 horas do Colexio Santa María, onde estarán os vehículos expostos desde as 15:00 horas.
A primeira sección da ruta discorrerá polas rúas do centro do municipio e da parroquia de Ribadeume para, a partir das 17:30 regresar ao Colexio Santa María. Haberá a continuación unha segunda sección que chegará ata a zona de Pontoibo e Gondre, que rematará de novo no Colexio Santa María, sobre as 19:00 horas.
Haberá unha última sección que recorrerá parte das rúas das Pontes e as zonas de O Aparral para rematar no Campo de Tiro, onde a xornada concluirá cunha cea de confraternidade.
A concelleira de Deportes, Elena López agradécelle á escudaría ACAP, organizadora da ruta o seu traballo, amosando que "a través do deporte podemos amosar a nosa vila a moitas persoas amantes do motor, por medio dunha proba na que se mistura a orientación coa paixón por conducir"
A concelleira animou á veciñanza a achegarse ata o colexio de Santa María, o sábado a partir das 15:00 horas para asistir á saída e gozar co deporte do motor.