1º Master Vila de As Pontes
O próximo 16/12/2023 ACAP xunto con As Pontes Motorsport organizan o 1º MASTER VILA DE AS PONTES.
Un evento tipo carreira de campións que se vai celebrar no circuito de Karting de As Pontes e que está reservado a pilotos invitados que están en posesión de licenza de concursante do ano 2023 con calquera das duas escuderías.
Comenzaremos coas mangas clasificatorias a partires da 09:30 da mañá sendo as tandas eliminatorias pola tarde.
Esta é una proba tipo carreira de campións baixo o reglamento de slalom na que sairán dous coches o mesmo tempo de distintos puntos do circuito de karting.
Pola mañán teremos mangas clasificatorias nas que os distintos pilotos darán una volta de recoñecemento ó circuito e despois partirán da saída para o marcaxe de tempos.
Xa pola tarde serán mangas eliminatorias (o mellor de 3) en donde sairán coches dende cada saída sendo gañador o que faga o percorrido máis rápido e así ata chegar a una final a dous vehículos que decidirá o gañador do I MASTER VILA DE AS PONTES.
Agradecementos especiais a:
CONCELLO DE AS PONTES
DEPUTACIÓN DE A CORUÑA
FEDERACIÓN GALEGA DE AUTOMOVILISMO
DESGUACES VILABELLA
ROVIL STUDIO
AS PONTES MOTORSPORT
ORGANIZACIÓN:
O AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES, organiza o evento “1º MÁSTER VILA DE AS PONTES” o vindeiro día 16 DE DECEMBRO DE 2023, unha proba de carácter open.
Esta proba disputarase de acordo co establecido nas prescricións comúns ós Campionatos e Copas de Galicia 2023, o regulamento xeral do Campionato de Slalom, e o presente regulamento particular da proba, no C.D.I. (e os seus anexos), aprobados pola Federación Galega de Automobilismo o día 3 DE NOVEMBRO DE 2023. A proba ten o Permiso de Organización da Federación Galega de Automobilismo número GA-057-MG.
VEHÍCULOS ADMITIDOS:
Admitiranse os vehículos de:
AGRUPACIÓN I: ata 1.200 c.c. (Tracción dianteira, calle e competición).
AGRUPACIÓN II: Desde 1.201 a 1.600 (Tracción dianteira).
AGRUPACIÓN III: A partir 1.601 c.c. (Tracción dianteira).
AGRUPACIÓN IV: Tódalas cilindradas (Tracción traseira).
AGRUPACIÓN V: Tódalas cilindradas (Tracción total).
AGRUPACIÓN VI: Vehículos eléctricos 100% ata un máximo de 80kw (de calle).
FORMATO E DESENVOLVEMENTO DA PROBA:
O formato do 1º MASTER VILA DE AS PONTES será de unha xornada única, desenvolvéndose pola mañá as mangas clasificatorias e pola tarde as mangas eliminatorias e finais. Pola mañá, tras verificar e dar unha volta polo trazado para coñecer a composición do mesmo, comenzarán as mangas clasificatorias, das que se collerá o millor tempo para confeccionar a clasificación final, que terá como premio disputar pola tarde a tanda de eliminatorias, na cal en sorteo puro, decidirán o gañador final. O percorrido está diseñado tipo “carreira de campións” de tal maneira que permite que dous vehículos compitan o mesmo tempo no mesmo circuito, que ten a saída e chegada dos dous participantes ubicada en puntos contrarios no circuito, de forma que ambos vehículos están competindo no circuito facendomoito mais emocioinante a competición o poder ver em vivo e en directo quen e mais rápido em cada fase.
Os participantes poden compartir vehículo (como no Campionato de Galicia de Slalom).
SEGUROS:
O organizador contratará unha póliza de seguros nas condicións marcadas pola F.G. de A. que garanta unha cobertura mínima segundo a regulamentación vixente (Lei Circulación).
CONCURSANTES ADMITIDOS.
Para participar nos Campionatos e Copas de Galicia estarase ó disposto no Anexo I do Anuario Deportivo 2023 publicado pola Federación Galega de Automobilismo, licencia piloto de slalom e licencia concursante das escuderias locais, tanto AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES como AS PONTES MOTORSPORT.
INSCRICIÓNS:
A inscripción será realizada directamente polas escuderías locais.
As solicitudes de inscrición admitiranse ata o luns 11 de Decembro do 2023 as 20:00 horas, e a organización remitirá copia á Federación Galega de Automobilismo, por correo ou Fax, antes da celebración da mesma. A relación completa de inscritos, coa adxudicación do número de orde, será aprobada e autorizada polo habilitado da Federación Galega de Automobilismo, despois de comprobar tódalas directrices, para a súa publicación con tres días de antelación ó comezo da proba.
Dereitos de inscrición: 100 €. Aceptando a Publicidade facultativa.
200 €. Non Acepta a Publicidade facultativa.
As solicitudes de inscrición deberanse remitir vía e-mail a:
AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES
e-mail: inscripcions@automovilclubaspontes.com
BANCO SANTANDER número de conta ES63 0238 8143 0106 0202 4629
Os dereitos de inscrición comprende o seguro garantindo a responsabilidade civil fronte a terceiros, de acordo coa regulamentación da Federación Galega de Automobilismo.
CIRCUÍTO:
O circuíto de asfalto, plan redial nacional, estará emprazado no Circuito de karting en As Pontes de García Rodríguez.
DESENROLO DA PROBA:
OFICIAIS DA PROBA:
Director de Carreira:
D. José Luis Pereira Rodríguez CD – 0350 – GA - AUT
Comisarios Deportivos.
Presidente D. Rafael Rego Gregorio CD – 0768 – GA - AUT
D. Emilio Ledo Pernas DC – 0688 -GA – AUT
D. Raimundo Otero Piñón CD – 0385 – GA - AUT
Comisarios Verificacións Administrativas:
Dna. María Pico García JOB - 1493 – GA - AUT
Comisarios Verificacións Técnicas:
Dna. Rosa Ana López Jarel JOC – 0642 – GA - AUT
Xefe Seguridade Vial:
D. José M. Paz López DC – 0248 – GA - AUT
Relación cos Participantes:
Dna. Vanesa Dopico Hermida CD – 0641 – GA - AUT
Cronometradores:
D. David García Hermida OB – 0640 – GA – AUT
Servizo médico da proba:
E.M.S GALICIA // CRUZ ROJA VILALBA
*Comunicaráse o cadro médico con complemento ao efecto, antes da celebración da proba.
Don Emilio Ledo Pernas, provisto da licencia DC-0688-GA-AUT do Colexio de Oficiais de Automobilismo de Galicia, solicita a aprobación do presente regulamento particular da proba á Federación Galega de Automobilismo.
Asdo: Director da proba
CD – 0350 – GA - AUT
Presidente da Escudería
CD – 0350 – GA - AUT
Vº.Bº. Xefe de Seguridade Vial
DC – 0248 – GA - AUT