Eventos

Automóvil Club As Pontes

VII SLALOM VILA DE AS PONTES

VII SLÁLOM VILA DE AS PONTES

O AUTOMÓVIL CLUB AS PONTES, organiza o 7º Slálom Vila de As Pontes o día 30 de maio de 2026, unha proba de carácter nacional, puntuable para o Campionato de Galicia de Slálom 2026. Esta proba de Slálom disputarase de acordo co establecido nas Prescricións Comúns 2026, no Regulamento Xeral do Campionato de Slálom 2026 (e os seus anexos), e o presente Regulamento Particular da proba, no C.D.I. (e os seus anexos), aprobados pola Federación Galega de Automobilismo o día 9 de abril de 2026. A proba ten o Permiso de Organización da Federación Galega de Automobilismo número GA-021-SL.

O SLALOM VILA DE AS PONTES é puntuable para os seguintes Campionatos e Trofeos:

-

Campionato de Galicia de Slálom.

-

Copa de Galicia de Slálom.

-

Copa de Galicia de Agrupacións 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7.

-

Copa de Galicia de Slálom para Escuderías (debidamente rexistradas e en posesión de licenza de concursante expedida pola F.G. de A.).

-

Copa de Galicia de Slálom para Debutantes.

-

Trofeos e Copas de Promoción que designe a F.G.A

-

VEHÍCULOS ADMITIDOS:

. Según Artigo 10 do Regulamento Xeral do CGS, serán as seguintes agrupacións:

AGRUPACIÓN I: Vehículos de competición de tracción dianteira e de cilindrada ata 1.200 c.c.

AGRUPACIÓN II: Vehículos de competición de tracción dianteira e de cilindrada dende 1.201c.c. ata 1.600 c.c.

AGRUPACIÓN III: Vehículos de competición de tracción dianteira e de cilindrada a partir 1.601 c.c.

AGRUPACIÓN IV: Vehículos de competición de propulsión traseira e de calquera cilindrada.

AGRUPACIÓN V: Vehículos de competición de tracción total, incluídas tódalas cilindradas.

AGRUPACIÓN VI: Vehículos Prototipos.

AGRUPACIÓN VII: Vehículos de serie de tracción dianteira e de cilindrada ata 1.200 c.c.

CONCURSANTES ADMITIDOS:

Para participar na proba estarase ó disposto no Anexo I 2026 publicado pola Federación Galega de Automobilismo.

Considéranse Debutantes, todos aqueles participantes que teñan por primeira vez a licencia de piloto, non téndose en conta as licencias de piloto de Karting nin as restrinxidas doutras modalidades que non sexan Slálom.

INSCRICIÓNS:

Todo equipo que desexe participar no 7º SLÁLOM VILA DE AS PONTES, terá que cumprimentar telemáticamente na zona privada da plataforma PODIUM o formulario de inscrición. A falla de calquera dos datos requiridos no formulario implicará que non se complete e polo tanto se refuse a mesma.

Os dereitos de inscrición deberán ser satisfeitos a través da plataforma PODIUM no momento da inscrición, e NON SE DEVOLVERÁN OS DEREITOS DE INSCRICIÓN A NINGÚN PARTICIPANTE UNHA VEZ PUBLICADA A LISTA DE INSCRITOS.

Admitiranse Inscricións condicionadas, unha vez superado o número de inscritos fixado como máximo.

A orde de recepción da Solicitude de Inscrición, así como dos Dereitos de Inscrición, será

determinante para a confección da Lista de Inscritos.

NON SE CONSIDERARÁ INSCRITO NINGÚN EQUIPO QUE INCUMPLA TOTAL OU PARCIALMENTE O SINALADO NESTE APARTADO

Os dereitos de inscrición fíxanse en:

-

85 €.: Aceptando a Publicidade facultativa.

-

170 €.: Non acepta a Publicidade facultativa.

A solicitude de inscrición non se aceptará se non vai acompañada dos dereitos de inscrición abonados.

Os dereitos de inscrición comprende o seguro garantindo a responsabilidade civil fronte a terceiros, de acordo coa regulamentación da Federación Galega de Automobilismo.

Os Dereitos de Inscrición tan só serán reembolsados aos equipos cuxas inscricións sexan rexeitadas, ou no caso de que a proba non se celebrara. En ningún outro caso serán devoltos.

No momento da realización da inscrición cada participante deberá remitir ao Comité organizador vía e-mail ou en persoa as copias de:

*Licenza: piloto, concursante e asistencia, no caso.

*Ficha técnica do vehículo.

*ITV do vehículo en vigor.

*Seguro obrigatorio do vehículo en vigor

*Tamén remitirá o xustificante de pago dos dereitos de inscrición na proba.

e-mail:

escuderiaacap@gmail.com

PREMIOS:

Repartiranse un total de 950,00 euros en premios, segundo a clasificación xeral scratch final:

1º clasificado: 300,00 €

2º clasificado: 200,00 €

3º clasificado: 100,00 €

4º clasificado: 90,00 €

5º clasificado: 80,00 €

6º clasificado: 70,00 €

7º clasificado: 60,00 €

8º clasificado: 50,00 €

TOTAL: 950,00 €

Recibirán trofeo os 8 primeiros da Xeral Scratch, e os 3 primeiros de cada agrupación. Tamén se lles entregará trofeos aos 3 primeiros da Copa Debutantes.

NOTA: Para ter dereito ao trofeo e/ou premio, será obrigatorio estar presente na entrega de premios.

                                                                                     PROGRAMA HORARIO:

29 de abril

10:00

Apertura das inscricións

Plataforma Podium

25 de maio

12:00

Peche de inscricións

28 de maio

18:00

Publicación da lista de inscritos

WEB FGA

30 de maio

08:30 a 10:15

Verificacións administrativas e Entrega de dorsais

Circuito de karting de As Pontes

08:30 a 10:15

Verificacións técnicas

10:30

Hora límite presentación dos vehículos no Parque Pechado

10:45

Publicación da Lista de Autorizados a tomar a saída

Taboleiro de anuncios

10:50

Briefing aos pilotos

Circuito de karting de As Pontes

11:00

Saída 1º participante na 1ª manga de adestramentos

Circuito de karting de As Pontes

a continuación

Saída 1º participante na 2ª manga de adestramentos

16:00

Saída 1º participante na 1ª manga oficial

a continuación

Saída 1º participante na 2ª manga oficial

21:15

Publicación de clasificación xeral oficiosa

Taboleiro de anuncios

21:45

Publicación de clasificación xeral oficial

Taboleiro de anuncios

22:00

Entrega premios

Circuito de karting de As Pontes


Agradecementos especiais a todos os colaboradores e patrocinadores:

*XESTORÍA COELLO *TALLER METÁLICO OS LOUREIROS *NEUMÁTICOS MAGÓN *TALLERES PAR MOTOR *O MARTINO *MMYPEM BY BOLTAN * LUJO-CARLIN IMPRENTA *TALLERES DANY *DMR AUTOMOCIÓN *JAREL PERFOMANCE *FERRETERÍA MARCOS *TALLERES TRINSA *CERVECERÍA JARDIN *DESGUACES CORUÑA *CERVECERÍA O COLADOR *BAR EXCALIBUR *TEXAS MODA JOVEN *LECAR *CUL MODA *ANEIROS CHAPA Y PINTURA *FERPU COMERCIAL AGRICOLA *CAFETERÍA TAMBAÚ *GADISA *SERVICIOS FORESTALES MARCOS *ALMACENES DEL EUME *EVENTOS TRASTOY CATERING *TALLERES ESPIÑAREDO *TALLERES TREVÍN *MESÓN 7 CAMIÑOS *TALLERES PRIETO *BAR SAFARI *PBG *PSI *MARMOLERA PONTESA *CERVECERÍA A FERVENZA *CLÍNICA DENTAL NG *24 HORAS AS PONTES *DV VILAVELLA *TALLERES VARELA *CONCELLO DE AS PONTES *DEPUTACIÓN DA CORUÑA *FEDERACIÓN GALEGA DE AUTOMOVILISMO *XUNTA DE GALICIA * DEPORTE GALEGO * XACOBEO 2027 *TURISMO AS PONTES.


Colaboradores do evento


Patrocinadores do evento