Eventos

Automóvil Club As Pontes

IV Ruta Turística

APERTURA DO PERIODO DE INSCRIPCIÓN PARA A IV RUTA TURÍSTICA VILA DE AS PONTES

O Automóvil Club As Pontes organiza a IV ruta turística vila de As Pontes o vindeiro Sábado 8 de Febreiro de 2020 a cal é puntuable para o Open Rutas Turísticas Ferrolterra 2020, con trofeos para os tres millores da clasificación xeral, e diplomas para tódolos inscritos. Ademais este ano continuamos co trofeo amateur para tódos aqueles participantes que se queiran iniciar ou que participen en poucas probas deste tipo; teremos trofeos para os 3 millores da clasificación scrach, e tamén haberá trofeo para o primeiro vehículo histórico ( o cal ten que ter cumpridos 25 anos dende a primeira matriculación a 01/01/2020)

Pódese participar con calquer vehículo, xa sexa histórico ou actual.

* Este ano a saída realizarémola dende o Restaurante Ponte Romana sendo aquí a recollida de dorsais a partires das 14:30 horas e a saída do primeiro participante ás 15:30.

* O custo da inscripción e de 50 € para piloto e copiloto. O precio da inscripción inclue: documentación , dorsais e cea final da ruta que terá lugar no Restaurante Casa Díaz situado en Goente. Xunto coa inscripción de cada equipo pódese agregar acompañantes polos cales débese aboar unha cantidade de 20 € por cada un e deben reflexarse no formulario de inscripción.

* O período de inscripción iniciase o día 1 de Xanerio de 2020 e cérrase o 5 de Febreiro as 20:00 horas. O límite de inscritos será de 60 participantes e a inscripción non será efectiva ata que sexa realizado o pago da mesma.

As inscripcións realizaranse cubrindo o formulario de inscripción que están dispostos nos seguintes puntos:

• Bar A Capilla.

• Restaurante Ponte Romana.

• Bar Xambas (Moeche).

* A incorporación, por parte do Automóvil Club As Pontes do trofeo amateur implica a realización dun rutómetro distinto para estos participantes; as carecterísticas deste rutómetro consiste en que está enfocado a tódolos aqueles participantes que desexen iniciarse ou realicen un número baixo neste tipo de eventos. O rutómetro para participantes amateur contén indicacións moito máis sinxelas e claras que o tipo profesional coa finalidade de que o participante se divirta.

* Tódolos participantes que se inscriban no modo amateur non puntuarán para o Open Rutas Turísticas nin para o trofeo de históricos.

* Formarase unha clasificación entre tódolos inscritos no modo amateur e haberá trofeo para os tres primeiros clasificados de dita categoría.

* Para o resto de participantes as condicións serán as mesmas cos anos anteriores, e demáis rutas que forman o Open Rutas Turísticas Ferrolterra 2020.

* Ó 31/01/2020 o Automóvil Club As Pontes realizará unha charla informativa sobor o funcionamento e desenrolo de este tipo de probas, a cal poderán asistir tódolos interesados que o desexen, así poderán coñecer o funcionamento e resolver tódalas dudas que poidan surxir á hora de inscribirse e participar nas Rutas Turísticas. Dita charla será impartida por membros do Automóvil Club As Pontes e os campións de Open Rutas Turísticas Ferrolterra 2019.

* Se estás interesad@ na participación neste tipo de eventos e descoñeces o su funcionamento non dudes en acudir e resolveremos tódalas túas dudas.

* Dita charla realizaráse no local do Hexágono situado parque de A Fraga:
Dirección: Edificio Hexágono, parque A Fraga – CP 15320 As Pontes.

* Podedes consultar o regulamento particular da proba aquí.

Documentación do evento