• Información
  • Galería

Información

Esta nova piloto de 12 anos empezou no karting para mediados do 2014 rexistrada na copa MasKarting e conseguindo varios pódiums durante o 2014 e 2015.

O 2016 foi un ano de transición, pois iniciou a tempada na categoría Alevín e a metade de tempada ascendeu a cadete subindo ao pódium en todas as súas participacións na nova categoría.

Tras estes inicios por Galicia, en 2017 deu o salto ao Campionato de Castela e León no que, a pesar de coñecer só un dos circuítos incluídos no certame, conseguiu o terceiro posto final no devandito Campionato.

O ano 2018 foi outro novo reto para Yésica Lorenzo, unha tempada na que a pesar de non coñecer ningún circuíto e dalgún imprevisto que lle fixo descender varios postos na xeral, conseguiu unha meritoria 8 posición final no “Campionato Madrileño e Castelán Manchego” (Un campionato de máximo nivel no que se chegaron a ver listas de case 100 participantes entre todas as categorías, incluíndo algúns pilotos de nivel nacional).

No que vai de 2019 terminou 3ª da categoría X30 na “Carreira de Campións GP Reqpera de Castela e León” (Gran Premio no que, ao non convocar á categoría Junior e a pesar de ter 12 anos, tivo que medirse cos pilotos Senior) e actualmente está a disputar o Campionato Madrileño, o Campionato de Castela e León e participando esporadicamente nalgunha proba do Campionato Gallego.

No ano 2020 a piloto pasa a competir na modalidade de Karting a Piloto Junior de Kart Cross.

GALERÍA