• Información
  • Historial
  • Galería

Información

Iago Gabeiras Fraga é un novo piloto que en tan só tres anos conseguiu facerse un oco por méritos propios no panorama nacional dos rallys.

Aínda que desde moi pequeno gústanlle as motos e practica o motocros de forma amateur, aos poucos os rallys van gañándolle o terreo ás motos nas súas preferencias e nada mais cumprir a maioría de idade e sacarse o carné de conducir decide comprar un Citröen Saxo VTS e participar no campionato galego de rallys.

En 2016 e sen experiencia previa noutras disciplinas automovilisticas participa na copa de promoción seguro x días. O seu primeiro rally disputado foi o rally de Noia, no que acabou terceiro na copa de promoción. Esta tempada consegue ser o campión da copa de promoción seguro x días nun final de infarto gañando a copa coa vitoria no rally dá Ulloa.

En 2017 coas miras postas en progresar e competir no campionato de España, inscríbese no Volante FGA Junior da Federación Galega de Automobilismo co Citröen Saxo , coa intención de loitar por gañar a Bolsa PXP18 (Promoción Xoven Piloto) que lle daría un volante bolseiro ao gañador no campionato de España o ano seguinte. Varias avarías mecánicas e unha saída de estrada impídenlle loitar pola vitoria, pero non lle impiden conseguir o titulo de Campión Galego de rallys da Agrupación 4. O seu mellor resultado esta tempada é a vitoria no volante FGA no Rally Sur do Condado, logrando o 6º posto absoluto na xeral do rally, conseguindo ademais marcar un incrible terceiro scracth absoluto nun dos tramos.

En 2018 é o primeiro ano que compite como concursante do Automóbil club As Pontes (ACAP). Faio na Copa Suzuki Swift Junior no Campionato de España de rallys onde encadea seis vitorias consecutivas, que ao cabo lle darían a vitoria no certame e con iso conseguiría ser o campión da Bolsa U25 da Federación Española de Automobilismo, o que lle dá a oportunidade de participar en 2019 na BkR2, cun Peugeot 208 R2 como premio.

Historial

Competición: Copa de promoción seguro x días
Tempada: 2016

Posición: Campión

Categoría:

Competición: Campeonato Galego de rallys
Tempada: 2017

Posición: Campión

Categoría: Agrupación 4

Competición: Bolsa U25 da Federación Española de Automobilismo
Tempada: 2018

Posición: Campión

Categoría:

GALERÍA